www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 23 de Setembro de 2018

A I Romaría Cultural de Redondela quece motores desde hoxe coas "Novenas Artísticas"
Cultura • 31/08/2018
Autor: Ana Prieto

O vindeiro sábado, 8 de setembro, a zona da Mariña acolle a I Romaría Cultural de Artistas e Activistas de Redondela. Previamente, desde hoxe venres e ata o día 7, haberá concertos cada día nos soportais do Concello de 21.00 a 21.30 horas. Hoxe actúa Tok, na fin de semana serán Nota Male e Pina.


Varias asociacións culturais e sociais traballan para a celebración desta primeira romaría, na que se presentará a Plataforma de Artistas e Activistas de Redondela. Unha xornada festiva e reivindicativa na que haberá actividades musicais, obradoiros e gastronomía ao longo de todo o día. Como toda boa romaría, quecen xa motores con antelación mediante unhas "novenas artísticas" que terán lugar desde hoxe venres, día 31 de agosto, até o venres 7 de setembro. Cada día, de 21.00 a 21.30 horas con concertos nos soportais do Concello. Hoxe actuará Tok, cun concerto homenaxe a Tres Bajo Cero. Mañá sábado será a quenda de Nota Male e o domingo chegará a "aventura acústicas" de Pina. Seguen o luns, 3 de setembro, coa música de Sete Cuncas. O martes actúa o Bloquinho da Alegría e o mércores Relámpago. O xoves día 6, feira en Redondela, haberá dobre sesión: pola mañá actuará Iván Gulín e pola tarde o grupo Pillabands. As "novenas artísticas" rematan o venres, víspera da romaría, con Empty Bottle.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: