www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 23 de Setembro de 2018

O equipo redactor do PXOM resolveu máis de 200 dúbidas a veciños de xeito presencial e telemático
Política • 29/08/2018
Autor: Ana Prieto

A concelleira de Urbanismo, Carmen Amoedo, rexeita as críticas do grupo municipal do PSOE pola "falta de información aos veciños" con respecto ao Plan Xeral de Ordenación Municipal. Recibíronse xa 133 suxestións tanto a través do rexistro xeral do Concello por medio da páxina web.


Ante as declaracións do partido socialista en Redondela, que denunciaba "oscurantismo" do goberno local en canto ao plan urbanístico, a responsable do departamento no goberno local "decepcionada". Carmen Amoedo entende que o PSOE de Redondela continua querendo "malmeter" no tema do PXOM, "un dos documentos máis importantes que pode desenvolver o Concello". Sinala que o grupo municipal socialista "minte" cando apunta "falta de información no proceso de eleboración e publicación do PXOM". Asegura Amoedo que dende Alcaldía se pediron as citas "a todos os veciños que o solicitaron". O prazo para presentar suxerencias segue aberto e polo de agora se recibiron 133 tanto a través da web como no rexistro do Concello. A cartografía do borrador pódese consultar na web e tamén presencialmente na casa consistorial. Amoedo lembra que se celebraron 10 comisións de seguemento ás que se convocaron a todos os grupos políticos. Advirte que nas comisións "o partido socialista non fixo ningunha achega e o BNG nin sequera asistiu". A concelleira explica que no mes de setembro comezarán as visitas ás parroquias por parte do equipo redactor para explicar o desenvolvemento do PXOM en cada unha das zonas. Amoedo explica que o borrador que se mostra "é un documento vivo no que terán cabida as suxerencias e proposicións xa que se trata dun plan de todos os veciños e veciñas de Redondela".


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: