www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 23 de Setembro de 2018

O Choco arranca con derrota en Carballo
Deporte • 27/08/2018
Autor: Ana Prieto

Os de "Gonza" comezaron a temporada con derrota ante o por 2-1 ante o Bergantiños, actual subcampión. Malia que comezaron dominando o xogo, finalmente os locais fixéronse co partido con dous goles en oito minutos. Na recta final do partido Félix anotou o gol dos redondeláns de penalti.


Bergantiños 2-1 Choco


O Choco saíu ao terreo de xogo máis enchufado e iso fixo que durante o primeiro cuarto de hora de xogo, os redondeláns tivesen máis control de balón, pero a raíz do minuto 15, o Bergantiños foi meténdose no encontro e facéndose co dominio. O primeiro aviso daríao Jorge Sáez pero o xogador vería como Cortegoso evitaba o gol. Pouco despois desta ocasión dos carballeses, o Choco respondería cun cabezazo de Vilas a centro de Mintegui que atallaría Christopher. Antes da media hora de partido, un centro de Borja Facal pasearíase pola área sen atopar rematador, no que sería o preludio ao primeiro gol do partido. Chegou tras un pase de Cano para un Cañi que salvaría a saída de Cortegoso para rematar a porta baleira e facer o 1-0. E no minuto 38, unha falta sacada por Granada aproveitaríaa Jorge Sáez para facer o 2-0 cun remate á media volta e así se chegaría ao descanso. Na segunda metade, o dominio sería alterno e no tramo inicial da mesma, Palmas e Cano terían as primeiras oportunidades deste período pero ningún deles sería quen de materializalas. Mediada esta segunda parte, Jorge Sáez estivo a piques de sentenciar o encontro pero o seu disparo marchou fóra por pouco. Minutos despois, Baleato vería como Cortegoso facía un auténtico paradón para evitar que o cabezazo do xogador local á saída dun córner se convertese en gol. E co partido tocando ao seu fin, Félix convertería un penalti que o colexiado sinalaría por mans de Agulló para recortar distancias no marcador e facer o definitivo 2-1.


Na próxima xornada o Choco estrea a liga na casa ante o Arrenteiro, que vén de gañar ao Boiro.


Bergantiños CF: Christopher, Borja Facal, Aarón, Caridad, Baleato, Agulló, Cano, Granada, Diego (Toni m.78), Jorge Sáez (Losada m.86), Cañi (Rivera m.69).


CD Choco: Cortegoso, Davo, Xián, Yago, Aitor, Caloi, Palmas, Gabi Misa (Alberto Suárez m.76), Mintegui (Félix m.62), Vilas (Nacho m.56) y Cora.


Goles: 1-0 m.30: Cañi; 2-0 m.38: Jorge Sáez; 2-1 m.87: Félix (p).

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: