www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 13 de Novembro de 2018

Soutomaior amplía o programa "Máis kaiak"
Institucional • 27/08/2018
Autor: Ana Prieto

O éxito da campaña, cunha elevada demanda para alugar o serivizo de kaiak, levou ao Concello de Soutomaior a ampliar a actividade ata o domingo, 2 de setembro. Deste xeito os interesados poden seguir alugando unha embarcación na praia do Peirao de Arcade ao prezo de 1 euro para os empadroados, 2 euros para o resto de usuarios.


Os horarios serán pola mañá de 11.00 a 14.00 horas e pola tarde de 16.00 a 20.00 horas. Os menores de idade terán que ir acompañados dun adulto responsable, ou ben os acompañará un monitor da actividade.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: