www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 13 de Novembro de 2018

Os mozos de Redondela poderán formarse en Deseño Gráfico e Carpintaría e Vernizado
Institucional • 27/08/2018
Autor: Ana Prieto

A Xunta de Galicia vén de conceder ao Concello de Redondela un novo obradoiro de emprego xuvenil que empezará a funcionar no mes de setembro. Está dirixido a menores de 30 anos, que recibirán formación durante seis meses. Haberá dúas especialidades: Deseño Gráfico e Carpintería e Vernizado, con oito prazas en cada unha delas.


O novo obraoido está enmarcado no programa Redemprega II, e poderán participar mozos menores de 30 anos inscritos no programa de garantía xuvenil. Para o obradoiro de Deseño Gráfico é necesari de dispoñer dun nivel mínimo de estudos de Bacharelato ou equivalente, no de Carpinteiría non se precisa nivel de estudos. A duracióndos obradoiros é de 6 meses, iniciaranse o 28 de setembro 2018 e rematarán o 27 de marzo de 2019, aproximadamente. Os interesados poden informarse no teléfono 986402664 ou no Centro de Formación Municipal A Marisma. Para inscribirse deberán solicitar o ingreso no proceso selectivo na Oficina de Emprego de Redondela. No caso dos veciños de Chapela, deben facelo na oficina de emprego da rúa San Jurjo Badía, en Vigo. Desde o Concello redondelán tamén solicitou á Xunta de Galicia outro plan de emprego, sen limitación de idade. O goberno local confía en que a concesión se realice nas próximas semanas.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: