www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 23 de Setembro de 2018

Redondela acolle o sábado 1.500 moteiros na VI Xuntanza "Vila dos Viadutos"
Sociedade • 24/08/2018
Autor: Ana Prieto

O Motoclub de Redondela organiza esta cita, á que asisten moteiros de toda Galicia e o norte de Portugal. A concentración será no recinto do Campo da Feira e a Avenida Mendiño. Haberá unha ruta pola bisbarra, exhibicións de acrobacias, música e deporte.


Carlos Figueroa, presidente da asociación redondelá, explica que haberá actividades "ao longo de toda a tarde ata a madrugada". A apertura do recinto está prevista para as 15.00 horas amenizada coa música de Master Music. Os participantes sairán de ruta pola comarca ás 17.00 horas para percorrer Redondela ara Amoedo, Pazos e Mondariz, onde se deterán para facer unha merenda. Está previsto o regreso a Redondela minutos antes das 19.00 horas, cando comezará a exhibición de acrobacias de Plácido Pérez "un dos mellores especialistas de España". A exhibición repetirase ás 23.00 horas. Ao longo da tarde haberá tamén unha degustación de mexillóns e unha masterclass de zumba cos instrutores Raúl Meira, Maite Guzmán, Lulú Lozano e Adriana García.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: