www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 13 de Novembro de 2018

O C.D. Choco aposta polo fútbol feminino
Deporte • 23/08/2018
Autor: Ana Prieto

O club redondelán busca rapazas de entre 6 e 12 anos para formar parte do seu novo equipo de canteira, logo de que a Federación Galega anunciase que prepara unha nova competición de equipos femininos de base. O presidente do C.D. Choco, Iván Crespo, quere crear tamén unha base importante de xogadoras no club nunha aposta por avanzar na igualdade.


O Choco quere dar un paso adiante na súa estrutura coa creación dun equipo feminino na súa canteira. Deste xeito manteñen a filosofía do club de "traballar na formación ao tempo que dan pasos a prol da igualdade no fútbol". Nos últimos anos os diferentes equipos da base, especialmente os de fútbol 8, viron incrementado o número de nenas, e o club "quere avanzar de xeito decidido nesta dirección". A Federación Galega prepara unha nova competición de equipos femininos de canteira, o Choco aplaude a iniciativa e desexa participar. Por iso desde a dirección da entidade fan un chamamento ás familias e ás propias rapazas para incrementar o número de nenas no club. Buscan xogadoras de entre 6 e 12 anos para poder completar unha formación ampla feminina no club e que, no futuro, poidan seguir o camiño de futbolistas como María Figueroa. A xogadora, logo de completar a súa formación nas categorías base do club redondelán, fichou este verán polo no Matamá, de Segunda División femenina. Crespo entende que, para crear un equipo feminino "é preciso comenzar dende abaixo, e iso pasa por configurar unha estrutura sólida como nos equipos masculinos". Por este motivo aplauden e comparten o paso dado pola Federación Galega de apostar polo fútbol de mulleres dende as categorías máis baixas. As persoas interesadas en formar parte das categorías base do club, en equipos femininos ou masculinos, pode contactar con Marcos Montes no teléfono 626 116 142 ou no enderezo electrónico c.d.choco@hotmail.com.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: