www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 23 de Setembro de 2018

O S.D. Pazos, na pelexa polo ascenso
Deporte • 22/08/2018
Autor: Ana Prieto

O equipo de Terceira Division que adestra Fran Amoedo xa está inmerso no traballo de cara á próxima temporada. O plantel sufriu algunhas baixas, pero reforzouse ben con algunhas fichaxes e xogadores da canteira. O técnico asegura que forman un equipo "de moita calidade". O obxectivo é pelexar polo ascenso e facer un bo papel nos torneos copeiros.


Dende o corpo técnico, que seguirá formado por Fran Amoedo, Jonathan Navarro, Adrián Fermandez , Ramón Miguélez e Fermín Amoedo, buscouse unha liña continuista "debido ao gran rendimento do ano pasado". O obxectivo era manter o bloque do pasado ano, pero o técnico recoñece que "foi imposible". As baixas de Marcos Ferreira, Breixo Gutierrez e Eloy Boullosa súplense con importantes incorporacións. Entre as altas están Diego Bouzón xogador da casa que xa o ano pasado adestrou co equipo, Álex Fernández, procedente do Campito FS de Chapela, Álex Monroy, do Juvenil de Ponteareas e Joni Costas, que chega da Serie B italiana. Dende o clube síguese apostando pola base, e os xuvenís Aaron, Guille, Kike, Martín e Anxo comezarán a pretempada co equipo senior, ademais todos eles debutaron xa o ano pasado na Terceira División. Mañá xoves disputarán un amigable en Pontevedra, ante o Leis, no pavillón municipal ás 21.00 horas.


Copa Xunta


Despois de celebrarse o sorteo de Copa Xunta, os pacenses enfrontaranse ao ADFS Bueu na primeira ronda, o 9 de setembro. De superar aos do Morrazo, poderían enfrontarse ao Portus Apostoli Noia, da Segunda División equipo adestrado polo redondelán Julio Mougán, e que vén de fichar a xogadores de primeira división, entre eles o tamén redondelán Juan Puertas.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: