www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 13 de Novembro de 2018

Chapela demanda máis edificabilidade, estacionamento e zonas verdes no novo PXOM
Sociedade • 22/08/2018
Autor: Ana Prieto

A Asociaicón de Afectados pola AP9 de Chapela vén de realizar unha serie de suxerencias ao novo planeamento urbanístico de Redondela. O colectivo demanda que se reduzan as afeccións nas propiedades colindantes coa autoestrada AP-9, que se duplique o volume de edificabilidade na avenida de Redondela, un estacionamento soterrado na avenida de Vigo, máis zonas verdes e mellores conexións entre a zona alta e a zona baixa da parroquia.


A plataforma presentou un documento cun total de seis suxestións dirixidas ao equipo redactor no novo Plan Xeral de Ordenación Municipal. O voceiro da plataforma, Francisco Puch, entende que o novo planeamento é unha oportunidade que a parroquia de Chapela "non pode deixar pasar". Recoñece que moitos dos problemas deste gran núcelo de poboación non teñen xa solución, pero sinala que hai moitas cousas "que poden mellorarse". Lembra que se trata dunha parroquia con máis de 8.000 habitantes, un núcelo urbano "castigado historicamente" e atravesado por dúas estradas nacionais, a vía do tren e a autoestrada AP9, agora ampliada. En primeiro lugar demandan que se manteñan as liñas de afección existentes, sen prexudicar aínda máis as propiedades colindantes coa autoestrada, así como a súa conversión en tramo urbano da AP9 ao seu paso por Chapela. Puch sinala que a avenidad de Redondela, a máis ancha do municipio con 31 metros, sofre un "agravio comnparativo" con respecto a outras zonas urbanas do Concello. Nela concéntranse boa parte dos equipamentos e servizos da parroquia, como centros de ensino, pavillón de deportes, centro de saúde, zona comercial, etc, polo que entenden que o volume de edificabilidade nesta avenida debería ser maior. Nas suxestións enviadas ao PXOM a asociación reclama pasar de baixo e dúas alturas, a un máximo de catro "para evitar discriminacións" con outras zonas urbanas de Redondela. Tamén solicitan que, unha vez construido o novo CEIP Igrexa, se destine a súa actual parcela a zona verde, para dotar dunha alameda á parte alta da parrquia. Por outra banda, en canto ás necesidades da parte baixa da parrquia, solicitan o desenvolvemento urbanístico da parcela de 13.000 metros cadrados situada na baixada a Pescanova, na rúa José Fernández. Explica Puch que neste espezo poderían proxectarse servizos "moi necesarios" na zona, como un aparcamento soterrado, unha zona verde e servizos municipais. Tamén apuntan a necesidade de mellorar as conexións entre as zonas alta e baixa de Chapela. Propoñen dous viais entre a avenida de Redondela, no barrio de Cidadelle, vial da Bruxa, no barrio de Parada, e o campo de fútbol para enlazar con Vigo; outro desde a zona da igrexa para enlazar coa avenida de Vigo. Por último, a asociación propón declarar zona protexida "toda a masa forestal da parroquia".

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código:

Audios relacionados co artigo
Franciso Puch Asociación Afectados AP9
A plataforma reclama que o PXOM recolla un encaixe legal para as propiedades afectadas pola autoestrada.
Maior volume de edificabilidade
Piden que se duplique o número de alturas permitidas na avenida de Redondela para pasar de baixo e dous andares a un máximo de catro.
Zona verde no CEIP Igrexa
Piden facer unha alameda na parcela do colexio unha vez se traslade á finca da Ginaria.
Baixada a Pescanova
Solicitan o desenvolvemento urbanístico da parcela de 13.000 metros cadrados situada na rúa José Fernández para aparcamento soterrado e dotacións municipais.