www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 20 de Setembro de 2018

Festas gastronómicas en Chapela
Sociedade • 21/08/2018
Autor: Ana Prieto

O Círculo Cultural Recreativo de Chapela celebra esta fin de semana a Festa da Sardiña e a Churrascada Popular no paseo marítimo de Cardona. Unha dobre cita coa que conmemoran o 51 aniversario do colectivo cun bo xantar e música.


O sábado, 25 de agosto, o paseo marítimo de Chapela acolle a partir das 19:30 horas a Festa da Sardiña. O socios do C.C.R. que desexen participar poden retirar xa o seu vale, que lle da dereiro a un quilo de sardiñas e pan, totalmente de balde . Poden facelo na cantina da asociación ou na páxina web www.chapela.org. Para os que desexen un quilo adicional, ou os que non sexan socios, o prezo é de 10 euros. As actividades serán no paseo marítimo de Chapela, baixo unha carpa. A partires das 21.00 horas amenizará a festa un grupo musical. E o domingo, día 26, segue a festa coa Churrascada Popular coa que celebran o 51º aniversario do C.C.R., a partir das 14.00 horas. Tamén poden reservar o vale na cantina ou na web da asociación. Contarán coa actuación dun grupo musical a partir das 16:00 horas e ás 18:00 horas celebrrán a festa da espuma.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: