www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 15 de Novembro de 2018

A campaña “Redondela 0,0” reduce as incidencias por alcol e drogas no Entroido de Verán
Sociedade • 20/08/2018
Autor: Ana Prieto

O gobernó local amósase satisfeito co resultado da campaña, que conseguiu reducir as incidencias. No recinto dos concertos, onde se prohibiu a venda e consumo de alcol, tamén diminuiu drásticamente a acumulación de lixo. O que non conseguiu evitar a campaña municipal foi o consumo de bebidas alcólicas noutros espazos públicos. A mocidade ateigou rúas, prazas e parques por todo o casco urbano para facer “botellón”.




O Concello de Redondela vén de expresar a súa satisfacción polos bos resultados da campaña “0 alcol, 0 drogas, 0 vandalismo, 0 machismo” que se puxo en marcha co gallo do Entroido de Verán celebrado o pasado sábado. A iniciativa municipal non restou afluencia de público, e a 21ª edición desta festa volveu ser multitudinaria. Milleiros de persoas ateigaron Redondela con disfraces de todo tipo. Piratas, romanos, superheroes, hawaianas e vikingos pasearon pola vila no primeiro Entroido de Verán “0,0”. Segundo o goberno local constatouse “unha diminución de incidencias relacionados co consumo de alcohol e drogas con respecto a anos anteriores”. Así mesmo, aseguran que houbo “menos botellón” e que se reduciu significativamente o volumen de lixo. O recinto dos concertos, onde se prohibiu o consumo de alcol, estaba “case limpo” na mañá do domingo, segundo a información do Concello. E iso despois dunha noite cargada de concertos con sesión de DJs, a VIII Gala Drag Queen, música latina de DKB, Compota e o cantante Henry Méndez co seu reguetón. Pero se ben no recinto do campo da feira non se consumiu alcol, o resto de espazos públicos da vila volveron ser escenario de “macrobotellóns” nos que grupos de mozos, e non tan mozos, compartían cervexas e combinados de todo tipo. Tamén os establecementos de hostalaría, que sacaron as súas barras á rúa, estiveron repletos de clientela que consumía bebidas alcólicas. Mentres o público infantil  tiña o seu lugar de diversión ben diferenciado, na pista da Xunqueira, a Praza da Casa da Torre e a Alfóndiga, con obradoiros, hinchables e o concerto de Uxía Lambona e a Banda Molona, que fixo as delicias do público familiar.


Dous detidos                         


Na noite do sábado , durante a celebración do Entroido de Verán, a Policía Local detivo a dous varóns logo de encararse cos axentes que trataban de identificalos. No primeiro caso a detención foi por un acto vandálico, no segundo por unha presunta agresión. A Policía Local tamén advirte que se atoparon varias carteiras e xogos de chaves, que están depositadas nas dependencias policiais, a onde poden ir recollelas os propietarios.


Premios Gala Drag


A VIII Gala Drag Quenn deixoi como gañador a Fenhydra, de Toledo, que levou os 1.000 euros do premio Construcciones Castro. O segundo lugar foi para o redondelán  Vilas Rex, que se fixo cos 500 euros do premio Cantería Carna. En terceira posición rematou a Drag de Vigo Ketty Pin, que obtivo os 300 euros do premio Supermercados Froiz.


Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: