www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 13 de Novembro de 2018

Samertolameu manda en Chapela
Deporte • 20/08/2018
Autor: Ana Prieto

A traiñeira de Meira impúxose o sábado na XXXII Bandeira de Redondela, e lidera en solitario a LGT "A". "A Terca" tamén se fixo co título na casa, na Bandeira Illa de Samertolameu, e xa é firme candidata para pelexar polo ascenso á liga ACT. O C.R. Chapela está matematicamente descendido á LGT "B".


Meira obtivo o sábado a vitoria na Bandeira Concello de Redondela de traiñeiras e quedou como líder en solitario. O barco moañés volveu gañar onte, esta vez en casa, na Bandeira Illa de Samertolameu, para certificar que é a embarcación máis forte do campionato. "A Terca" non deu ningunha opción nin a Ares nin a Mecos, que entraron a dez e vinte segundos, respectivamente. Na loita polas posicións da zona baixa da táboa, na regata de Redondela Coruxo caeu á penúltima posición, mentres que Chapela, última, confirmou o seu descenso. Samertolameu estará, case seguro, remando polo ascenso á liga ACT en Bermeo e Portugalete, onde se disputará a promoción. Xunto a eles estará o segundo da liga, que se decidirá a semana que vén en Ares, onde o barco local espera certificar o seu pase. Aos dous barcos galegos acompañaraos o penúltimo de ACT, previsiblemente San Juan, e os dous primeiros da ARC (a liga vasco-cántabra). Tamén en Ares xogarase Coruxo a súa permanencia en Liga A, nunha promoción xunto a Castropol e o segundo e o terceiro da liga B, que son Muros e A Cabana.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: