www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 23 de Setembro de 2018

Un varón detido por cometer 19 roubos con forza en lavanderías de Redondela e Vigo
Sucesos • 20/08/2018
Autor: Ana Prieto

A policial descubriuno cando forzaba a máquina de cambio dunha lavandaría na Travesía de Vigo. Ao recoñecer aos axentes tentou fuxir do lugar á carreira pero foi interceptado e detido polos policías aos poucos metros. A operación "Wash" iniciouse a mediados de xullo, tras ter coñecemento de varios roubos similares en lavandarías-autoservizo de Redondela e Vigo.


Axentes da Policía Nacional detiveron a un home de 43 anos de idade como responsable de 19 roubos en diferentes lavandarías industriais de Vigo e Redondela. O pasado venres os axentes detiveron a un home que acababa de forzar a caixa dunha máquina de cambio nun establecemento de limpeza automatizada en Vigo. A investigación remóntase a fai algo máis dun mes, cando se recibiron varias denuncias por roubos cometidos en lavandarías-autoservizos de Vigo e Redondela. En todas elas un home accedía ao interior cando non había ningún cliente e axudándose cunha panca e unha maza forzaba o mecanismo electrónico das lavadoras e secadoras, así como a máquina de cambio. Nalgúns casos chegaba mesmo a romper a parede para lograr o seu obxectivo. Por iso púxose en marcha a operación "WASH" para tentar identificar e deter ao varón. O detido conta con 17 antecedentes policiais, sendo varios deles por feitos similares. Ademais, tiña vixentes unha orde de detención e dúas requisitorias xudiciais. O detido pasou a disposición do Xulgado de Instrución Nº 4 dos de Vigo, en funcións de garda, quen decretou o seu ingreso en prisión.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: