www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 23 de Setembro de 2018

Un roteiro para coñecer a historia das bibliotecas
Cultura • 17/08/2018
Autor: Ana Prieto

Co gallo do 50 aniversario das Bibliotecas Municipais de Redondela, o departamento organiza unha visita guiada para nenos polos edificios públicos que nalgún momento acolleron as súas instalacións. Os baixos da Casa do Concello, a Casa da Cultura e o Multiúsos da Xunqueira serán os escenarios do roteiro o próximo mércores, 22 de agosto.


A responsable da Biblioteca Municipal, María Elena Becerra, explica que o percorrido está aberto a nenos de entre 6 e 12 anos, e dirixido por Soledad Chayán. Terá unha duración aproximada dunha hora. Os asistentes, ademais das localizacións indicadas, poderán coñecer e admirar algúns dos lugares históricos e culturais do municipio. A cita será o vindeiro 22 de agosto, ás 11.30 horas. A actividade é de balde pero necesita inscrición previa na Biblioteca Municipal de Redondela, ou no teléfono 986 40 15 61, xa que as prazas son limitadas. A Ruta das Bibliotecas encádrase dentro das actividades conmemorativas do 50 aniversario das Bibliotecas Municipais de Redondela


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: