www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 11 de Decembro de 2018

Andaina solidaria para coñecer Cedeira
Sociedade • 9/08/2018
Autor: Ana Prieto

A delegación de Redondela da Asociación Contra o Cancro organiza para este sábado, día 11, unha andaina desde a Igrexa de Cedeira ata o coñecido como "o mellor banco do mundo". O prezo da inscrición é de 5 euros, que irán destinados integramente á AECC.


Amparo Alonso, membro da delegación redondelá deste colectivo, anima aos veciños de todas as idades a participar nesta andaina pola parroquia de Cedeira e disfrutar das maravillosas vistas sobre a ría de Vigo que poden contemplarse. A saída está prevista ás 10:00 da maña dende a Igrexa San Andrés de Cedeira, cun percorrido pola Senda da Auga ata o Campo da Rata, onde está situado o que moitos consideran "o mellor banco do mundo". O percorrido, de dificultade media, terá unha duración dunhas dúas horas aproximadamente, e contarán coa colaboración de Protección Civil. As inscrición pode facerse nas mesas que instalarán esta tarde no paseo da Xunqueira, no teléfono 654 235 376, ou no enderezo electrónico redondela@aecc.es.


Curso de fotografía


O próximo mes de setembro organizan un curso de fotografía, que arrancará o día 7, e que se vai desenvolver todos os venres de 18.00 a 20.30 horas. A finais do próximo mes, o 28 de setembro celebrarán a súa cea benéfica anual.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: