www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 11 de Decembro de 2018

Novos aseos públicos na área recreativa de Comboa
Institucional • 6/08/2018
Autor: Ana Prieto

Mañá martes entrará en servizo un novo módulo de aseos públicos na área recreativa de Comboa. A obra está financiada polo Concello de Soutomaior. Nas próximas semanas realizarase unha obra similar en Aranza.


O novo módulo de aseos instalado está construído en madeira para mellorar a súa integración coa contorna e está totalmente adaptado para o seu uso por parte de persoas con diversidade funcional. Ademais, a estrutura instalada é portátil e poderase retirar se as circunstancias meteorolóxicas o recomendan, como no caso dunha posible subida excesiva do nivel do río. Do mesmo xeito que os instalados no resto de áreas recreativas do municipio, estes aseos están conectados á rede de saneamento municipal para garantir o correcto tratamento dos residuos xerados. O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, explica que así "se evita ter que usar casetas con depósitos de almacenamento e produtos químicos". Coa instalación destes aseos, e a que se realizará nas próximas semanas en Aranza, o Concello de Soutomaior finalizará a instalación de aseos públicos en todas as áreas recreativas do municipio. "Unha mellora que permitirá mellorar os servizos públicos nas zonas de lecer do municipio á vez que protexemos o medio ambiente" segundo indica Reguera.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: