www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 11 de Decembro de 2018

"Máis Kaiak" arranca no Náutico de Arcade con aluguer gratuito de embarcacións
Deporte • 3/08/2018
Autor: Ana Prieto

O Concello de Soutomaior e o Club Náutico de Arcade patrocinan a campaña " Máis Kaiak" pola que poñerán a servizo dos usuarios que o demanden o aluguer de kaiaks a prezos económicos. Hoxe venres celébrase unha xornada de portas abertas con servizo de aluguer de balde.


Nas instalacións do Club Náutico de Arcade poderanse alugar os kaiaks desde o día 3 ao 10 de agosto e desde o 17 ao 21 do mesmo mes. Desde o 11 ao 16 de agosto este servizo atoparase dispoñible na praia fluvial de Comboa. Os horarios serán pola mañá de 11 a 14 horas e pola tarde de 15,30 a 20,30 horas. O prezo é de 2 euros para os empadroados no Concello de Soutomaior e de 5 euros para os restantes usuarios. Hoxe venres 3 de agosto haberá unha xornada de portas abertas e o servizo de aluguer será gratuíto.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: