www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 11 de Decembro de 2018

Festival de Bandas de Música, teatro en Meirande e concertos de rock e folk en Chapela
Cultura • 3/08/2018
Autor: Ana Prieto

Fin de semana intensa en Redondela con diferentes actividades para todos os públicos. O sábado a Praza da Casa da Torre acollerá o XXIII Festival de Bandas de Música en Redondela, mentres o paseo de Cardona de Chapela acolle o Berete Rock. O domingo o museo Meirande organiza visitas guiadas teatralizadas, e a Alameda Rosalía de Castro de Chapela será o escenario do concerto de música folk e tradicional de Art&maña.


O festival de bandas contará nesta ocasión con tres agrupacións musicais , dúas delas convidadas de Concellos próximos e tamén a Banda de Musica de Chapela. Serán a Banda de Música de Candeán, en Vigo, e a Banda de música municipal de Caldas de Reis. O Festival comezará con pasarrúas das tres agrupacións, que sairán de diversos puntos de Redondela e concentraranse na Casa da Torre. Os pasarrúas comezarán as 21:00 horas e o concerto será ás 22.00 horas, con entrada de balde. Aproximadamente á mesma hora arranca en Chapela o VII Berete Rock cos grupos Mostrencos, Radio Zapa, You Dog, Stoned At Pompeii e Frying Luras. A cita arrancará ás 21.30 horas no paseo de Cardona, en Arealonga, e prolongarase ata a madrugada, con entrada de balde.


Teatro en Meirande e música folk o domingo


O museo Meirande ofrece novas visitas teatralizadas este domingo, día 5 de agosto. Faranse dous pases onde os asistentes terán a oportunidade de gozar de pequenas pezas teatralizadas, cos personaxes caracterizados da épocae que axudarán a entender mellor o contexto da batalla naval. Os pases serán ás 17.00 e ás 18.30 horas. A entrada é grautita. Xa á noitiña Chapela acolle o concerto programado no cartel de verán do Concello con música folk e tradicional. O grupo Art&maña, formado por músicos da bisbarra e de Redondela actuará na Alemada Rosaría de Castro ás 22.00 horas con temas dabondo coñecidos polo gran público. Entrada de balde.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: