www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 11 de Decembro de 2018

Óscar Ibáñez e Os Carunchos, protagonistas do XIX Festival Folk de Fornelos de Montes
Cultura • 1/08/2018
Autor: Ana Prieto

A praia fluvial de Fornelos de Montes acollerá este sábado, día 4 de agosto, unha nova edición do Festival Folk. A Banda de Gaitas do municipio será a encargada de abrir os concertos ás 21.30 horas, pero a festa comenzará xa de mañán cunha ampla oferta gastronómica e actividades para todos os públicos.


Cayetano Tamaño, presidente da asociación de festexos, sinala que neste festival se mistura a música folk coa gastronomía nun entorno "incomparable". A praia fluvial e a gran carballeira serán o complemento perfecto á música de Os Carunchos, Óscar Ibáñez & Tribo e a banda de gaitas do concello, que abrirá o espectáculo ás 21.30 horas. A organización salienta a calidade do cartel desta edición, na que quixeron apostar "por algo forte" nun festival que celebran coa colaboración do Concello. Ao longo da xornada poderá degustarse polbo á feira e churrasco na carballeira e na contorna da praia fluvial.


Semana Grande


As actividades en Fornelos neste comezo de agosto céntranse nas festas do patrón San Lourenzo e Santo Cristo. O próximo 10 de agosto o prato forte será o concerto do Combo Dominicano. Desde este venres comeza tamén a Semana Cultural, cargada de actividades como proxeccións de cine na rúa, títeres e outras actividades para todos os públicos. Estes días a pequena localidade de Fornelos multiplica o número de habitantes. Aos veciños que residen todo o ano no municipio, súmanse centos de visitantes e tamén os fornelenses emigrados a outros puntos do planeta, desde Portugal ou Francia ata o Brasil. Todos os que poden regresan á súa vila natal estes días de agosto para participar nas semana grande de Fornelos. Cayetano Tamaño explica que se trata dunhas datas "moi especiais" en Fornelos, para disfrutar da familia e os amigos, e para compartir con todos aqueles que queiran achegarse.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: