www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 22 de Outubro de 2018

O novo Choco estréase en Redondela
Deporte • 1/08/2018
Autor: Ana Prieto

Os seguidores do Choco poderán ver ao equipo en acción en Santa Mariña hoxe mércores, 1 de agosto, ás 21.00 horas, ante o Pontellas. É o primeiro encontro de pretemporada da formación dirixida por Gonzalo Fernández "Gonza" o público redondelán. Este é o primero de catro partidos no campo de fútbol de Santa Mariña, ademais dunha visita ao Vao para medirse ao Coruxo de Jacobo e Marcos Montes, de Segunda División B.


O primeiro enfrontamento na casa é ante o Pontellas (21:00 horas), un equipo de referencia en Preferente Sur. No partido, Gonza poderá seguir a evolución das incorporacións e tamén dos rapaces das categorías inferiores que están ás súas ordes en pretempada. O vindeiro mércores 8 de agosto o Choco recibe ao Alertanavia (21:00), tamén en mércores, neste caso o festivo 15 de agosto, o encontro será ante o Atios (12:00). O sábado 18 pechase o calendario de preparación cun amigable ante o Vilalonga en Santa Mariña (12:00). Todos os partidos na casa son con entrada de balde. No referente ás saídas, este pretempada o Choco disputará dos partidos lonxe de Redondela e será ante formacións de alto nivel. Este sábado viaxa a Vilagarcía para medirse ao Arosa (20:30), mentres que unha semana despois, o sábado 11 de agosto, o partido será ante o Coruxo no campo do Vao. Será un enfrontamento ante unha formación de Segunda División B e tamén cun pouso emocional, xa que o conxunto vigués está dirixido polos irmáns Jacobo e Marcos Montes, os dous últimos preparadores do Choco.


Liga 2018/19


Xa se coñece o calendario de Terceira División. O equipo de Redondela inicia a tempada coa visita ó Bergantiños, de Carballo, o domingo 26 de agosto. O primeiro encontro do curso en Santa Mariña será o 2 de setembro ante o Arenteiro. O final de temporada está previsto para o 19 de maio, día no que o equipo redondelán recibe ao Boiro.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: