www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 22 de Outubro de 2018

Afectados pola AP-9 sobre o polémico edificio de Chapela "perdemos un ben social para a parroquia"
Sociedade • 26/07/2018
Autor: M. X. Queimaliños

A resolución da alcaldía que obriga aos propietarios do inmoble situado na rotonda de entrada á autoestrada a derrubar as partes ilegais do edificio é, para a asociación de afectados pola AP-9, o punto e final a súa proposta de que o edificio fora comprado polo Concello para destinalo a "dar servizo aos colectivos sociais". Reiteran que a súa proposta, que contou co rexeitamento frontal da Asociación de Veciños de Chapela así como dos grupos políticos da oposición, ía redundar no beneficio de todos os veciños e lle ía saír practicamente gratis as arcas municipais porque "Zona Franca estaba disposta a pagar 1,2 millóns de euros por ocupar un andar do edificio". Lamentan que os pasos dados supoñan "a perda dun regalo para todos os veciños".


O informe da aparelladora municipal e a conseguinte resolución da alcaldía instando aos propietarios do edificio de Finca Puntela a derrubar aquelas partes ilegais e axustalo á licenza que lles fora concedida no 1992, supón un novo capítulo na historia do inmoble máis polémico do municipio.


Logo de anos coas obras paralizadas a proposta da Asociación de Afectados pola AP-9 para que o Concello adquirira o inmoble co obxecto de dedicalo a "usos sociais" e a decisión do goberno local de levar o tema a pleno, fixo que o futuro deste edificio regresara á actualidade. Os grupos da oposición apoiaron que "non se comprase ningún edificio que non se axustara á legalidade urbanística" e, a proposta de AER, acordouse tamén que se retomasen os expedientes de infracción urbanística abertos a esta edificación".


Agora os propietarios teñen un prazo de tres meses para presentar un proxecto para adaptar o edificio a legalidade e demoler aquelas partes que non se axustan a licenza.


Dende A Asociación de Afectados pola AP-9 César Domínguez lamenta que no seu día "a oposición e a Asociación de Veciños se opuxera a que este edificio pasara a mans do concello e redundara en beneficio de todos os colectivos sociais". Entende que o edifico podía ter sido "un ben social para a parroquia" que lle tería saído practicamente gratis ao concello ao estar disposta Zona Franca a pagar 1,2 millóns de euros por ocupar un dos seus andares.


Dende a Asociación solicitarán unha reunión co alcalde para recibir a información de primeira man.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: