Radio Redondela 94.9FM
www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 20 de Agosto de 2018

Concerto de Treixadura no Peirao de Arcade
Cultura • 26/07/2018
Autor: M. X. Queimaliños

A música tradicional será protagonista do concerto que se poderá ver este venres 27 ás 23:00 horas no peirao de Arcade. Treixadura presenta o seu último disco Inda Canto! Nun concerto enmarcado na programación cultural do Concello de Soutomaior.


Treixadura constitúe dende 1990, un espectáculo musical sorprendente. A música tradicional observada desde dúas concepcións ben arraigadas: o canto e a gaita.


Un tempo no que o grupo foi modelando o seu camiño transformando o estilo, sen renunciar ao seu son característico. Fieis ao compromiso co seu público, tentando  elevar a música tradicional ao máximo nivel.


Ao longo da súa traxectoria son moitas as melodías que rescataron do anonimato e outras tantas creadas para que a cadea de transmisión da música tradicional continúe viva.


Máis de 25 anos de gravacións e concertos, 6 discos no mercado, unha variada gama de colaboracións discográficas e vida en común, compartindo co público o poder e a forza evocadora, máxica e reconfortante do canto colectivo que se repetirá este venres en Arcade.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: