www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 11 de Decembro de 2018

O Concello insta aos propietarios a demoler parte do polémico edificio de Chapela
Política • 24/07/2018
Autor: M. X. Queimaliños

Novo capítulo en torno ao polémico edificio sen rematar que dende hai máis de 20 anos afea a rotonda de entrada a autoestrada no barrio de Igrexa en Chapela. Logo de que hai un ano o Pleno rexeitase a proposta de adquisición do edificio de Finca Puntela e reclamara que se retomasen os expedientes de infracción urbanística desta edificación, agora vén de coñecerse unha resolución da Alcaldía ao respecto. En base ao informe da aparelladora municipal ínstase aos propietarios do inmoble a que "polo seu carácter de non legalizables, proceda a axustar as obras á licenza concedida, derrubando os excesos executados".


Tal e como se recolle no informe, os propietarios deberán presentar un proxecto que contemple a demolición daquelas partes do edificio non legalizables, no prazo de tres meses. O prazo de execución das medidas de restauración da legalidade vulnerada "unha vez autorizadas non poderá ser superior a nove meses".


Establece tamén dito informe que "no caso de incumprimento da orde de demolición a administración municipal procederá á execución subsidiaria da mesma ou á execución forzosa mediante a imposición de multas coercitivas, reiterables ata lograr a execución polo suxeito obrigado, na contía de 1.000 a 10.000 euros cada unha".


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: