www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 21 de Outubro de 2018

O centro de saúde de Pazos amplía as súas instalacións en 80 metros cadrados
Institucional • 17/07/2018
Autor: Lorena Otero

Suporá a remodelación total do inmoble anexo ao centro e a reorganización dos espazos. Contará con consulta de medicina xeral, sala de enfermería, consulta de pediatría-matrona, sala de pediátrica, área polivalente así como un almacén, vestiarios e aseos. A obra, que conta cun orzamento de 148.000 euros, deberá estar rematada en marzo de 2019. O centro de saúde dá servizo a 1.500 usuarios.

 


O proxecto de reforma do centro de saúde de Pazos de Borbén recolle a demolición da segunda planta do edificio anexo ao actual centro de saúde, a que fora vivenda do médico, e a reforma e reorganización de espazo para novas estancias, o que suporá incrementar a superficie das instalacións de 112 metros cadrados a 190.

Unha vez rematados os traballos, o centro contará cunha consulta de medicina xeral, unha sala de enfermaría, unha sala polivalente, unha consulta de pediatría-matrona, unha sala de espera pediátrica, almacén, vestiarios e aseos. Ademais, adecuarase o edificio ás normas sobre accesibilidade cunha rampla desde o exterior á entrada principal. Ademais da instalación  dunha saída de emerxencia na fachada traseira do centro.


O proxecto foi presentado este luns polo conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, e o alcalde de Pazos de Borbén.  Andrés Igrexas subliñaba que esta reforma “suporá a mellora do servizo dado aos 1.500 usuarios que ten o centro”. Os traballos contan cun orzamento de 148.000 euros que serán financiados polo SERGAS e está previsto que finalicen no mes de marzo de 2019.


Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: