www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 21 de Novembro de 2018

Sete concertos danlle vida ás prazas de Redondela
Cultura • 13/07/2018
Autor: Lorena Otero

O Sonoaire encherá de música ao vivo as prazas do casco urbano este venres e sábado. Concertos de proximidade, para todos os públicos, con propostas que van dende o rock o pop ao blues.  O grupo baionés San Rockers será o encargado de inaugurar a segunda edición deste festival este venres ás 20.00 horas na praza de Santiago Apóstol.  Tamén pasarán polo escenario Blue Monk, Bestlife, Blackbirds, La Banda de Mazinger, Green Water e os Cherry Sweet que serán os encargados de pórlle o peche a este festival.

 


Sen aglomeracións, nin colas, nin entradas con custe elevado, a proposta desta fin de semana en Redondela pasa polo Sonoaire que cumpre dous anos cunha oferta de sete concertos en formato reducido e apostando polo contacto directo cos músicos. A praza de Santiago, José Figueroa, a da Constitución así como as prazas de Ponteareas  ou Casto Sampedro serán o escenario deste festival que arranca esta tarde, ás 20.00 horas, co grupo baionés San Rockers que encherá dos seus sons a praza de Santiago. Ás 21.30 horas será a quenda de Blue Monk na praza de José Figueroa e a praza da Constitución será o escenario ás 23.00 horas dos ourensáns Bestlife e o seu rock.


O sábado serán catro os concertos que comezarán os Blackbirds ás 18.00 horas na praza de Ponteareas, o grupo vigués “La Banda de Mazinger” actuará ás 19.30 horas en Casto Sampedro e Greenwater subirán ao escenario ás 21.15 horas na Praza de José Figueroa. Os encargados de pechar o Sonoaire 2018 será Cherry Sweet ás 23.00 horas na Praza da Constitución.


Integrar as actividades musicais na vila con concertos de pequeno tamaño para todos os públicos é o obxectivo deste festival, segundo apunta a concelleira de Cultura, Teresa París, que aspira a converterse nun referente das actividades culturais do verán redondelán.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: