www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 21 de Novembro de 2018

Comezan as obras de adaptación do CPI Padín Truiteiro aos alumnos de infantil
Institucional • 13/07/2018
Autor: Lorena Otero

A partir de setembro este centro acollerá aos alumnos de educación infantil do edificio da Oliveira o que obrigou a adaptar as instalacións ademais de dotalas de maior seguridade. A primeira fase dos traballos céntranse na instalación de catro baños adaptados para os alumnos de infantil ademais da completa remodelación das aulas, que incluirán zonas recubertas de cortiza na área de xogos


O Concello de Soutomaior vén de iniciar os traballos de adaptación necesarios para que o CPI Padín Truiteiro poida acoller aos alumnos de educación infantil que o próximo curso chegarán procedentes do edificio da Oliveira. Ademais das actuacións que se farán nas aulas tamén se modificarán as varandas e elementos de seguridade do edificio retirando todo o material e mobiliario escolar do antigo edificio da Oliveira para a súa revisión e almacenamento ata o próximo curso. Tamén está prevista a instalación dunha nova zona de recollida para os familiares dos pequenos así como o pulido dos máis de 400 metros cadrados do patio exterior.

Unhas obras que son financiadas polo Concello de Soutomaior e foron froito da reunión mantida no mes e abril polo alcalde, Agustín Reguera, xunto ao director do centro, Modesto Campos, e o Xefe de Estudos, Francisco Obelleiro. Obras que continuarán durante as vacacións de Nadal coa renovación da cuberta do patio exterior.


Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: