www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 22 de Setembro de 2018

O BNG solicita no Parlamento que se paralicen as obras do AVE en horario nocturno.
Institucional • 24/07/2009
Autor: M. X. Queimaliños

A deputada do partido nacionalista no Congreso, Olaia Fernández Davila, denuncia que a empresa adxudicataria incumpre as normas de Declaración de Impacto Ambiental e traballa ininterrumpidamente no Val do Maceiras as 24 horas cando tiñan que parar de noite.


O BNG ven de presentar unha iniciativa parlamentar na que insta ao Ministerio de Fomento a cumprir esas normas de Protección recollidas na Declaración de Impacto Ambiental, na construcción do AVE á altura de San Estevo de Negros en Redondela debido a que segundo denuncia "os traballos non paran nas horas nocturnas". A deputada do BNG explica que as obras do AVE no tramo coñecido como “Val do Maceiras” se están a executar durante as 24 horas, ininterrumpidamente, “pese a que a Declaración de Impacto Ambiental prevé que non se traballe de noite”. Esta circunstancia está a prexudicar aos veciños que teñen que soportar uns níves de ruido que non paran en ningún momento. Afirma Davila que “a Comisión de afectados dirixiu varios escritos a todas as instancias administrativas, así como a empresa contratada, denunciando o incumprimento das medidas de protección”. De feito, os veciños decidiron incluso recurrir á vía xudicial, e presentaron un requirimento no Xulgado de Redondela co obxetivo de sentarse a negociar coa empresa adxudicataria dos traballos. Davila pede ao Ministerio de Fomento que adopte medidas para resolver este tema que está a afectar á saúde dos veciños. A parlamentar nacionalista sinala que “nos consta que desde o concello se fixo todo o posíbel pero tanto uns como outros se atoparon coa indiferenza da empresa e da Administración central que despois de meses non fixeron nada, o que obrigou aos afectados a recurrir á vía xudicial”.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: