www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 23 de Xullo de 2018

Catro traballadoras da “Cafetería Pili” levan sete meses sen cobrar
Sociedade • 4/07/2018
Autor: Lorena Otero

 Dende o pasado mes de xuño están a mobilizarse para esixirlle á propietaria que lles aboe a cantidade que lles adebeda dende decembro do pasado ano. A próxima concentración será este venres entre as 10.30 e as 12.00 horas nos establecementos de Redondela. Advirten que endurecerán as protestas se non hai un acordo.

 


Catro son as empregadas afectadas polo falta de pagamento dos seus salarios dende finais do pasado ano. Son traballadoras das “Cafeterías e Panaderías Pili” que conta con varios establecementos en Redondela e Chapela.


Malia que se estaba a desenvolver un proceso de negociación, celebraran varias reunións e chegaran a un principio de acordo, a propietaria daba marcha atrás nunha xuntanza celebrada na tarde do martes, na que puxo riba da mesa a liquidación dos contratos cunha contía inferior á correspondente, segundo denuncian, e cunha indemnización de mil euros.


As traballadoras continuarán coas protestas co apoio do sindicato CGT e advirten que seguirán ao pé dos establecementos mentres non se lle pague o que se lles adebeda.


A próxima protesta será o venres, seis de xullo, e xa teñen novas convocatorias para os días trece e vinte deste mes.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: