www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 22 de Xullo de 2018

Inaugúrase a Leira da Xunqueira coa clausura dos obradoiros Vila Bela
Política • 4/07/2018
Autor: Lorena Otero

Xa se pode disfrutar do novo espazo de ocio da Xunqueira. A antiga parcela de Fenosa transformouse nun lugar de encontro e lecer cun estanque, zona verde, asentos de madeiras e tumbonas que emulan o viaduto de Madrid, dende onde se pode contemplar. Unha obra realizada polos alumnos do obradoiro de emprego Redondela “Vila Bela” e que recupera un espazo que permanecía baleiro dende que en maio de 2015 se derrubou o edificio que a empresa eléctrica tiña no centro da vila.

 


Con música e coa presenza dos vinte alumnos do obradoiro, inaugurouse este martes a Leira da Xunqueira. O delegado da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, acompañado polo xefe territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, Ignacio Rial,  o alcalde de Redondela, Javier Bas, e parte do goberno local, clausuraron os obradoiros de emprego “Vila Bela”nos que a Xunta investiu preto de 280.000 euros.


Os 20 alumnos do obradoiro de cantería e agricultura ecolóxica, xardinería e viveiros recibiron formación e foron contratados durante nove meses. O resultado, a recuperación desta parcela situada ao carón dos xulgados e que supón devolver este espazo á cidadanía.


O alcalde, Javier Bas, anunciaba que están a realizar xestión para converter o coñecido viaduto de Madrid, nun paseo peonil.  


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: