www.radioredondela.com | Hoxe é Sábado, 23 de Febreiro de 2019 |
Aberto prazo para solicitar as axudas de material escolar en Infantil
Institucional • 3/07/2018
Autor: Lorena Otero Até o 20 de xullo poderanse solicitar as axudas para a compra de material escolar do curso 2018-2019 en educación infantil. As familias beneficiarias non poderán superar os 8.125 euros, no caso de familias monoparentais e 7.500 euros no resto. Os alumnos deberán estar matriculados nun centro público. O Concello destinará a este fin unha partida de 8.500 euros. As familias con alumnos en Educación Infantil xa poden solicitar as axudas para a compra de material escolar presentando a solicitude antes do 20 de xullo no rexistro do Concello. Unhas axudas que son compatibles coas que se obteñan de calquera outra administración. Para determinar o cumprimento dos requisitos para acceder á subvención terase en conta a situación persoal e familiar dos solicitantes á data de 31 de decembro de 2017, así como a renda per cápita no mesmo exercicio fiscal. Segundo as bases publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, a renda familiar per cápita non poderá superar os 7.500, cantidade que se eleva até os 8.125 euros no caso de familias monoparentais. Só terán dereito a estas axudas os empadroados en Redondela e aqueles alumnos que estean matriculados o vindeiro curso nun centro público. As solicitudes deberán presentarse acompañadas dunha fotocopia do DNI ou NIE do pai, nai ou titor, do libro de familia e da declaración da renda do exercicio 2017. |
Comentarios |
|
|