www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 21 de Febreiro de 2020

Patinaxe para nenos e adultos en Soutomaior
Deporte • 24/06/2010
Autor: Ana Prieto

O Concello de Soutomaior ten aberto o prazo de inscrición nun curso de patinaxe no que poden participar tanto nenos como adultos. As clases desenvolveranse os meses de xullo e agosto no pavillón municipal da Montesiña.


Os afeccionados á patinaxe van poder seguir practicando este deporte nos meses de verán. O éxito das Escolas Deportivas Municipais nesta modalidade, levaron á Concellaría a prolongar o curso de patinaxe tamén nos meses de xullo e agosto. O edil de Deportes, Francisco Iglesias, xustificou a decisión "pola gran demanda das familias".


Haberá clases de iniciación e perfeccionamento, desde o 5 de xullo ata o 27 de agosto. Serán os martes e xoves en horario de 10:30 a 13:30 horas no Pavillón Municipal da Montesiña. O prazo de inscrición está aberto ata mañá venres, día 25 de xuño, no propio pavillón.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: