www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 19 de Novembro de 2018

Contacontos e malabares en Redondela
Cultura • 28/06/2018
Autor: Ana Prieto

Os máis novos teñen mañá unha cita cos "Venres Cativos" e os espectáculo "Raposadas" de Raquel Queizás, na praza de Lenda Ás 18.00 horas. O sábado a cita é na Praza da Casa da Torre coa compañía Pistacatro Produtora de Soños,que pon en escea "Un belo día". Na Praza da Casa da Torre, ás 22.00 horas. As dúas actividades son de balde.


O venres 29 de xuño celebrarase un novo acto dos Venres Cativos, programación especial do programa Apego en Redondela. Desta volta a protagonista será Raquel Queizás co espectáculo de "Raposadas", contos populares da nosa terra onde os animais se debaten entre o uso da forza ou da intelixencia para resolver conflitos. O acto será na Praza de Lenda ás 18h. O sábado a cita é co espectáculo de malabares, manipulación e equilibrio de mazas nunha linguaxe corporal única e impactante, transmitindo emocións integrando e intrigando ao público de todas as idades. É poesía surrealista vivida por unha moza que constrúe un mundo desde a súa visión persoal, dá vida ao que non ten vida, interactúa coa súa imaxinación e mergúllanos nun mundo fantástico onde todo é posible. Na Praza da Casa do Torre ás 22.00 horas.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: