www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 18 de Novembro de 2018

Redondela e Mos inician o expediente de deslinde
Política • 27/06/2018
Autor: Ana Prieto

A petición do Concello de Mos, vaise poñer en marcha un expediente de deslinde para determinar os límites entre os dous municipios. A petición dos grupos da oposición, na comisión de Redondela participarán representantes do goberno local e os partidos políticos, e tamén das Comunidades de Montes de Vilar e Saxamonde. Era a segunda vez que se debatía nun pleno, xa que na primeira ocasión non houbo acordo.


A corporación de Redondela acordou por unanimidade iniciar o Expediente Municipal de Deslinde de Termos Municipais de Redondela e Mos, a petición do Concello veciño. Tamén se designaron os membros que formarán parte da Comisión Municipal de Deslinde do Concello de Redondela. A tenente de alcalde, Carmen Amoedo, explicou que tendo en conta as propostas da oposición, ademais dos representantes da corporación municipal e dos técnicos do Concello, tamén se inclúe na comisión a representantes das Comunidades de Montes de Vilar de Infesta e de Saxamonde, e un suplente de cada unha destas comunidades. Todos os grupos da oposición se manifestaron a favor da proposta. Desde o BNG Xoán CArlos González salientou a importancia de incluir á Comunidade de Montes de Saxamonde, que na primeira proposta do goberno local non entraba. Tamén desde AER acordaron apoiar a proposta, se ben lamentaron que fóra o Concello de Mos, e non o de Redondela, o que tomara a iniciativa. Por outra banda, Noe Cano instaba ao goberno local a iniciar tamén os trámites para iniciar un expediente de deslinde cos municipios veciños de Pazos de Borbén e Soutomaior. O voceiro socialista, Leonardo Cabaleiro, lamentou o atraso nesta tramitación, do que culpou á falta de diálogo do alcalde Javier Bas. Entende o grupo do PSOE que poderían ter chegado a un acordo sobre esta comisión de deslinde cando o asunto chegou ao pleno hai varios meses, se o goberno local "escoitase á oposición".

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: