www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 21 de Novembro de 2018

Pazos de Borbén contrata oito desempregados para reforzar o cadro municipal de traballadores
Institucional • 27/06/2018
Autor: Ana Prieto

O Concello de Pazos de Borbén acaba de reforzar o seu persoal para os próximos meses grazas á contratación de oito novos traballadores. As novas incorporacións financiaranse grazas á subvención procedente da liña 3 do plan Concellos 2018 da Deputación de Pontevedra.


O oito novos traballadores divídense en tres categorías: peón, oficial de primeira e condutor. Traballarán cun contrato temporal de seis meses e unha xornada laboral de 30 horas semanais. Ao tratarse dunha subvención concreta e pechada descártase a contratación posterior dos traballadores. Entre as tarefas que desempeñarán atópanse as de limpeza de mobiliario urbano, parques, xardíns e actuacións de mantemento. O alcalde, Andrés Iglesias, explica que con estas novas incorporacións poderase reforzar os servizos "e ampliar as actuacións de mantemento en edificios municipais". A maioría das persoas contratadas estaban desempregadas e inscritas como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego de Galicia. A contratación dos traballadores realizouse baixo un estrito proceso de selección no que se valoraron distintos aspectos como a preparación e a situación económica persoal e familiar dos candidatos.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: