www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 23 de Xullo de 2018

Chapela contará cun novo palco modular
Institucional • 26/06/2018
Autor: Ana Prieto

A Deputación de Pontevedra aprobou unha axuda de 18.031 euros para a adquisición dun palco modular para a celebración de distintos eventos culturais na parroquia de Chapela. No que vai de ano o Plan Concellos do organismo provincial xa entregou 394.915 euros do total destinado a Redondela, o que representa o 19,7 por cento.


O novo palco modular finánciase con cargo á liña 1 do Plan Concellos, que xa adxudicou anteriormente varias subvencións para Redondela. Máis de 111.600 euros da liña 2 destináronse ao financiamento de gastos correntes, como enerxía eléctrica, e outros 265.000 da liña 3 serviron para contratar un total de vinte traballadores que desempeñan distintas funcións no municipio.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: