www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 20 de Setembro de 2018

Redondela acolle unha conferencia sobre a moda española a cargo da Fundación Filomena Rivero
Sociedade • 26/06/2018
Autor: Ana Prieto

A fundación, con sede en Redondela, organiza o seu tradiconal cóctel de verán para recaudar fondos, que serán destinados a Cáritas. Será mañá mércores, no Convento de Vilavella, coa participación da directora do Museo do Traxe de Madrid, Helena López do Hierro. Ofrecerá unha conferencia sobre "A moda española: Balenciaga-Givenchi". Ás 20.00 horas.


O acto tamén contará coa intervención da deseñadora de moda Teresa Palazuelo Basaldúa, e co xornalista especialista en moda Pedro Mansilla, que presentará a conferencia e moderará o debate. O acceso será con invitación, cun custo de 20 euros, e pódense reservar no enderezo electrónico info@fundacionfilomena.com. López del Hierro, Licenciada en Historia da Arte, dirixe o museo madrileño desde finais de 2011.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: