www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 22 de Setembro de 2018

Servizo responsable na hostalaría redondelá
Sociedade • 25/06/2018
Autor: Ana Prieto

Unhas xornadas dirixidas aos hostaleiros de Redondela abordan as condutas adictivas. A Casa da Cultura acolle este mércores, día 27, ás 20.00 horas, unha xornada dedicada ao sector da hostalaría. A actividade, titulada "Ti decides a quen serves", estará dirixida pola psicóloga especialista en prevención de condutas adictivas, Noa Pereiro López.


O acto está organizado pola asociación Érguete, en colaboración coa Xunta de Galicia e o Concello de Redondela. A entrada é libre.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: