www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 19 de Xullo de 2018

As Bibliotecas estrean horario de verán
Institucional • 25/06/2018
Autor: Ana Prieto

Desde hoxe, día 25 de xuño, as Bibliotecas Municipais de Redondela adoptan o horario estival. A Biblioteca Valle-Inclán, no Multiúsos da Xunqueira, funciona en horario de 9:00 a 14:00 h. de luns a venres. A sala infantil, de 10:30 a 13:30 h., e a sala de estudo de 8:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:45 h. de luns a venres. O sábado e domingo de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 h. A Biblioteca Municipal de Chapela abre de luns a venres, de 9:00 a 14:00 h., e no mes de agosto permanecerá pechada. Este horario estará vixente ata o 16 de setembro.


 


Fóra do horario de apertura das salas os usuarios poderán facer a devolución dos seus préstamos. Os da Biblioteca de Redondela, no Multiúsos da Xunqueira, no horario de apertura (de luns a venres, de 8:00 a 9:00, e de 16:00 a 22:00 h.; sábados e domingos de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 h.). No caso de préstamos da Biblioteca de Chapela poden facelo no Multiúsos do Piñeiral do Crego, dentro do seu horario de apertura (de luns a venres. de 16:30 a 22:30 h.)


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: