www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 19 de Xullo de 2018

Os piratas invaden Arcade na noite de San Xoán
Sociedade • 21/06/2018
Autor: Ana Prieto

O lume será o protagonista da noite de San Xoán en Soutomaior. Ademais da tradicional fogueira municipal instalada no peirao de Arcade, a festa contará cun espectáculo da compañía Troula Animación, que "invadirá" Arcade coa actuación itinerante "A invasión Pirata".


A celebración dará comezo ao redor das 22.30 horas cun espectáculo itinerante no que un grupo de piratas fará o percorrido desde a praia de Matilde ata o peirao, con paradas en zonas determinadas cunha actuación chea de ritmo, pirotecnia, lume, humor e a participación do público. A medianoite precderase a fogueira municipal, que irá acompañadaá dun espectáculo pirotécnico, e logo haberá verbena nocturna co grupo América. Non faltarán os clásicos postos de venda de sardiñas e churrasco.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: