www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 22 de Xullo de 2018

Ernesto González, novo adestrador do Campito
Deporte • 21/06/2018
Autor: Ana Prieto

O equipo de fútbol sala de Chapela conta con novo técnico. Ernesto González González "Nestor" ten experiencia como xogador, militou no fútbol sala de elite no Rías Baixas como porteiro. Como adestrador destacan os seus dous títulos títulos de Terceira División Nacional coa SD Pazos nas temporadas 2016-2017 e 2015-2016.


O novo técnico, segundo a directiva do club, ten as ideas "moi claras" e chega ao Campito F.S. para axudar ao equipo "a dar un salto de calidade". Desde o club avanzan que nos vindeiros días anunciarán ao resto do corpo técnico, farán oficiais as renovacións, fichaxes e máis noticias de cara á nova temporada.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: