www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 10 de Abril de 2020

Detido un traballador das obras do AVE en Redondela polo roubo de material
Sucesos • 23/06/2010
Autor: M. X. Queimaliños

O detido, un home de 42 anos de idade, retirou dunha das casetas un xerador de corrente, 150 litros de gasóleo e dúas alargadeiras. Os fetiso tiveron lugar na zona de A Pnatalla.


Axentes da Policía Nacional detiveron na xornada de onte a F.J.P.I. de 42 anos de idade como presunto autor dun delicto de roubo con forza. Os feitos tiveron lugar entre os dáis 10 e 11 de xuño  nunha caseta de obra na zona de A pantalla no tramo do AVE entre Redondela e Soutomaior onde forzaron un dos paneis de chapa da estrutura, levándose do seu interior un xerador de corrente valorado en 1.040 euros, 150 libros de gasóleo e alargadeiras de 50 metros.


Logo da investigación os axentes identificaron ao presunto autor dos feitos, un traballador dunha das subcontratas que realizan as obras e a quen lle constaban antecendetes anteriores polo que se estableceu in dispositivo policial para a súa localización e posterior detención que se producía na mañá de onte.

Comentarios
Carcide
Mércores 23 de Xuño de 2010 ás 23:09 horas
Detiveron a un presunto. Cando van deter aos que si están roubando. O AVE é un roubo en si e quen di que eso é progreso estanos a roubar a conciencia. "Quen rouba a un ladrón cen anos de perdón!"
[1-1]

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: