www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 22 de Setembro de 2018

Redondela, premio Escoba de Prata
Institucional • 18/06/2018

O municipio redondelán vén de recibir o premio Escoba de Prata polos labores de limpeza viaria e aseo da cidade, a xestión de residuos urbanos, e polos traballos realizados en favor do medioambiente. O Concello presentou un proxecto sobre a recuperación do terreo da Marisma e unha memoria explicando todos os labores ambientais e de limpeza viaria que se desenvolven a nivel local.A empresa Urbaser tamén é partícipe do galardón pola xestión de recollida de lixo.


Redondela participou na categoría B de Escobas de Prata,onde poden participar municipios, mancomunidades e deputacións de entre 20.000 e 50.000 habitantes.Un xurado, formado por membros de distintas comunidades autónomas e relacionadas coa limpeza e o medioambiente, foron os responsables de outorgar os premios. Redondela conseguiu un dos catro premios concedidos este ano. Para o alcalde, Javier Bas, este é un premio "de todos os redondeláns, e da coordinación entre os departamentos de Limpeza Viaria, Vías e Obras e Medioambiente". O concelleiro de Limpeza Viaria Jesús Crespo, foi o encargado de acudir a Madrid par recoller a Escoba de Prata, un premio que recoñece o traballo e as melloras realizadas nos últimos anos polo Concello para manter unha contorna "limpa e saudable para todos os redondeláns e visitantes".


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: