www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 6 de Xuño de 2020

Cabanas, A telleira e a praia de Cesantes centran o maior número de infraccións urbanísticas
Institucional • 22/06/2010
Autor: M. X. Queimaliños

O Concello trasladou á Xunta un total de 201 expedientes por irregularidades urbanísticas. A Concellería de Urbanismo asegura que en ningún caso as vivendas levantadas sen permisos poden ser legalizadas polo que, no caso de actuar a Axencia de Legalidade, terminarán sendo derrubadas.


O departamento de urbanismo de Redondela abriu nos últimos catro anos un total de 676 expedientes urbanísticos por diferentes irregularidades na construcción de vivendas e inmobles. Do total 201 expedientes foron trasladados á Axencia de Legalidade Urbanística dependente da Consellería de Política territorial, por carecer a administración local de competencia neses casos por tratarse de ilegalidades cometidas en núcleos protexidos pola súa proximidade coa costa ou por afectar a construccións levantadas en zona rústica. Os expedientes refírense maioritariamente a vivendas construídas en Cabanas (Rande), na zona de A Telleira así como na propia praia de Cesantes.


O edil de urbanismo, Emilio González Iglesias respondía con estes datos ás críticas emitidas dende o PP quen os acusan de desidia no control urbanístico de trasladar unha mensaxe perniciosa e contradictoria aos propietarios dando a entender que os inmobles construídos sen permisos poderían ser legalizados no futuro. Algo que o concelleiro nega categoricamente  xa que "ningún plan urbanístico pode legalizar unha vivenda construída sen licencia". Asegura ademais que a maior parte dos expedientes abertos no concello conclúen cando o propietario decide derrubar.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: