www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 23 de Xullo de 2018

Redondela pon en valor ao voluntariado
Institucional • 7/06/2018
Autor: Lorena Otero

ONGs, Protección Civil, Bombeiros, Brigadas forestais, Policía Local e Nacional ademais de membros das unidades de emerxencias da Garda Civil daranse cita este sábado no "Día do Voluntariado" para visibilizar a importancia do traballo que realizan á hora de afrontar unha emerxencia. Haberá exhibicións e actividades para os máis cativos que poderán coñecer a unidade de salvamento marítimo, montar nun coche de bombeiros ou na unidade equina de protección civil. Unha xornada na que tamén se presentará a "Asociación Sonrisas", que traballa a nivel nacional con nenos hospitalizados.



O antigo recinto do campo da feira será o escenario desta xornada que organiza Somos Ponte Caldelas xunto ao Concello de Redondela que quere resaltar, segundo a presidenta do colectivo, Milagros Otero, o labor que desempeña socialmente o voluntariado e o traballo social. Para iso membros das forzas e corpos de seguridade do Estado, Bombeiros, Protección Civil, e diversas ONG´s como Médicos sen Fronteiras, Mulleres en Igualdade, Fundación Amigos de Galicia, darán a coñecer o seu labor a través de postos informativos, exhibicións e actividades.


Unha xornada que nos permitirá coñecer máis polo miúdo esta unidade de emerxencias que conta con 65 efectivos que operan non só en Redondela senón tamén nos municipios limítrofes como Soutomaior on Pazos de Borbén. O concelleiro de seguridade Cidadá, Arturo González, facía fincapé na importancia deste tipo de iniciativas para visualizar o traballo altruísta que fan estes voluntarios que traballan as 24 horas os 365 días do ano.


Unha oportunidade para que a xente se anime a colaborar deste xeito coa sociedade. Un traballo voluntario pero no que se require compromiso, responsabilidade, coñecemento e preparación, como destacaba o alcalde de Redondela, Javier Bas.


Unha xornada que tamén acollerá a presentación oficial en Galicia da “Asociación Sonrisas”,  formada por membros de corpos e forzas de seguridade do Estado, que centran o seu traballo na atención a nenos e nenas hospitalizados.


As actividades celebraranse na xornada do sábado dende ás 12.00 até 14.00 horas e pola tarde de 16.00 a 18.00 horas


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: