Radio Redondela 94.9FM
www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 14 de Agosto de 2018

O campus do Choco amplía a súa oferta coa aparición de Asterix e unha visita á praia
Sociedade • 6/06/2018
Autor: Ana Prieto

O C.D Choco e Koremi organizan unha nova edición do seu campamento de verán durante todo o mes de xullo en Santa Mariña para nenos e nenas de 3 a 12 anos. Entre as actividades previstas están unha xincana de Asterix, xogos acuáticos ou unha visita á praia. O horario das actividadres será de 9:00 a 14:00 horas.


 


 


O catálogo de actividades amplíase este verán. Iván Crespo, presidente do club, explica que se reduce a actividade de fútbol, para dar protagonismo tamén a outras actividades deportivas e lúdicas. Increméntase o número de saídas, están previstas visitas á praia, e tamén xincanas especiais como a de Asterix e Buscando a Wally. Tamén haberá xornada de xogos acuáticos, outras de deportes tradicionais e incluso actividades relacionadas co teatro, a orientación ou a improvisación. É dicir, un repertorio para estimular as capacidades dos cativos. O prazo de inscrición xa está aberto. A ficha pode atoparse no seguinte enlace (http://koremi.es/es/campamento-de-veran-choco-veran-2018/). Debe cubrirse e enviarse seguindo as instrucións e os documentos necesarios a koremi@koremi.es ou entregarse nas oficinas do C.D. Choco.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: