www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 21 de Outubro de 2018

O Pazos faise coa Copa de Terceira
Deporte • 4/06/2018
Autor: Ana Prieto

O equipo de Fran Amoedo culminou unha gran fin de semana na Estrada co título da Copa de Terceira División. Logo de superar aos anfitrións na eliminatoria do sábado, onte impúxose na final ao Talleres ABC Coruxo con autoridade nun partido que rematou cun 3-5 a favor do Pazos de Borbén.


O partido polo título disputouse entre terceiro e o cuarto clasificado da liga. Na eliminatoria do sábado o Talleres ABC eliminou ao campión ligueiro, o Sala Ourense, na primeira semifinal, mentres que e o Pazos superou ao equipo local, que fóra segundo no torneo da regularidade. O equipo de Fran Amoedo comezou a final cun gol de Jonathan nunha contra no minuto seis e outro de Pablo Calvo no 14, que xa lles poñía o final de cara. Reaccionaron os de Coruxo logo do descanso con dous goles en tres minutos, de Pablo Parra e Camilo, que igualaron o marcador. Pero o Talleres ABC sufriu o esforzo e o Pazos aproveitouno para atacar, con tres goles en tres minutos de Pablo Calvo, que culminou o seu dobrete, Luís Carreira e Borja González. O conxunto vigués recurtou distancias atacando con cinco, pero a Copa xa era do Pazos.


Talleres ABC Coruxo: Javi Fernández; Naveira, Bruno Abalde, Pablo Parra e Óliver. (Álex Rodríguez, Antonio Prado, Gustavo Saiba, Pablo Martínez, Martín Rodríguez e Camilo).


Pazos de Borbén: David López; Chema Fragueiro, Pablo Calvo, Jonathan e Luís Carreira. (Carlos Dopacio, Sergio Vidal, Eloy Boullosa, Aarón Verdugo, Alexis Rodríguez, Borja González e Martín Romeu.)


Goles: 0-1, min. 6: Jonathan; 0-2, min. 14: Pablo Calvo; 1-2, min. 24: Pablo Parra; 2-2, min. 27 Camilo; 2-3, min. 29: Pablo Calvo; 2-4, min. 30: Luís Carreira; 2-5, min. 32: Borja González; 3-5, min. 38: Naveira.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: