www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 15 de Decembro de 2018

O Grupo Folclórico Anaquiños celebra a X Romería de Primavera con grupos de Vigo e Tomiño
Cultura • 1/06/2018
Autor: Ana Prieto

O Grupo Folclórico Anaquiños de Chapela celebra este sábado a X Romería de Primavera no Multiusos do Piñeiral. Ademaios do grupo de Chapelaparticiparán "Amieiras" de Valadares e "Virxe do Alivio" de Tomiño. A cita é ás 18.30 horas no Multiusos do Piñeiral do Crego.


O grupo Anaquiños celebra unha romería na que os protagonistas son os que están "na primavera" da súa vida. A cita está organizada exclusivamente para grupos de veteranos e veteranas do baile tradicional, cunha idade superior aos 40 anos. Trátase do único certame destas caraterísticas que se realiza en Redondela, e dos poucos que se organizan na provincia para grupos de baile tradicional destas idades. Desde o G.F. Anaquiños convidan a todo o público a participar nesta festa, na que contarán tamén co grupo folclórico "Amieiras" de Valadares e "Virxe do Alivio" de Tomiño


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: