www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 25 de Xuño de 2018

O C.D. Choco, a pola cuarta Copa Deputación
Deporte • 1/06/2018
Autor: Ana Prieto

Os de Marcos Montes puxeron fin ao soño do Atl. Vilar, equipo revelación deste torneo. Non houbo sorpresas ao final, malia que o C.D. Choco tardou 73 minutos en marcar no campo de San Martiño ante o modesto anfitrión. Agora pelexará polo título ante o Estudantil.


O C.D. Choco quere o seu cuarto título da Copa Deputación, logo de gañalo de xeito consecutivo nos tres últimos anos. O mércores superou na eliminatoria ao equipo revelación do torneo, o Atlético Vilar, en San Martiño. A firme defensa dos de Mon Sanromán non llo puxeron fácil, e o marcador chegou ao descanso cun empate sen goles. Houbo que agardar ata o minuto 73 para ver o primeiro gol, obra de Comis. Pablo Couñago, 3 minutos despois, poñçia o 0-2 definitivo. Os de Marcos Montes disputarán a final ante a Agrupación Estudantil Club de Fútbol da Estrada. O finalista da zona Norte tamén se impuxo nun derbi local ao Estradense nos penaltis tras concluír o noventa minutos sen goles. O adestrador do Choco amósase satisfeito con este resultado, e confía en facerse co título logo dunha temporada "moi dura". Entende que o obxectivo da permanencia en Terceira División acadouse "sen problemas" e que estes éxitos é necesario valoralos.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: