www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 25 de Xuño de 2018

Redondela acolle a presentación de "Principio de Incerteza" de Pilar Ortega Pereiro
Cultura • 1/06/2018
Autor: Ana Prieto

Este venres, da man da Asociación de Amigos das Bibliotecas Municipais de Redondela,  a Casa da Cultura contará en primicia coa presentación da obra gañadora do XIX Certame de Narración Curta Ánxel Fole de 2017. Trátase de "Principio de incerteza", da autora viguesa Pilar Ortega Pereiro, que acaba de ser publicada pola editorial Xerais.


A autora presentará esta narración que mestura de forma moi orixinal a física e a literatura para relatar unha historia de maltrato. Salientar ademais que Pilar Ortega ten un estreito lazo literario con Redondela, xa que unha das súas obras foi premiada no II Certame Literario de Relatos Curtos Os Viadutos (2001). Así mesmo, no  ano 2008 foi finalista do Certame de Micronovela do Concello de Soutomaior pola obra “Virxinia” (Xerais, 2008). No seu haber conta tamén co XII premio de Microrrelato Carlos Casares. A cita é hoxe venres, na Casa da Cultura de Redondela, ás 20:30 h. Entrada libre e de balde.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: