www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 16 de Xullo de 2020

O PP acusa ao goberno local de actuar de xeito arbitrario no control urbanístico
Institucional • 21/06/2010
Autor: M. X. Queimaliños

Culpa dos problemas urbanísticos de Redondela á falta dun Plan Xeral de Ordenación Municipal e aos propios políticos por trasladar á poboación unha "mensaxe perniciosa por non tomar medidas antes a construcción irregular de vivendas"


O PP asegura que a vivenda de A Telleira en Cesantes que foi derrubada a pasada semana polos seus propietarios, logo de que así o ordenase a Axencia de Protección da Legalidade Urbanística "non é un caso illado, xa que responde a unha maneira de facer urbanismo" que o goberno local leva desenvolvendo dende hai máis de 30 anos.


Así o afirma o concelleiro popular Alberto Pazos quen entende que ten que existir "tolerancia cero" cos infractores urbanísticos, aínda que responsabiliza da situación en gran medida aos representantes municipais por trasladar unha "mensaxe perniciosa e contradictoria" aos propietarios quen optan por construír as súas vivendas incluso carecendo de permisos "coa esperanza de que ditos inmobles sexan legalizados no futuro".


Dende o PP esixen que se aprobe canto antes o Plan Xeral de Ordenación Municipal, "algo que o PSOE prometeu en todos os comicios electorais aos que se presentou e que ninguén ten unha idea aproximada de cando será aprobado"


Finalmente Alberto Pazos recrimina tamén ao alcalde Xaime Rei por declarar publicamente que a culpa de que tiveran que demoler a súa vivenda é dos propietarios por ir a un contencioso. Ao entender do edil popular con esa afirmación o alcalde está recoñecemento "que as infracción urbanísticas que non se recorren ante o Tribunal contencioso non se executan"

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: